NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
DISPOSICIÓNS ADICIONAIS
Primeira.- Garántense a tódolos empregados os dereitos adquiridos a título persoal, en tanto determinen condicións máis beneficiosas que as contidas no presente acordo.
Segunda.- O Concello comprométese á funcionarización do seu persoal laboral, ó abeiro da Disposición adicional quinta da Lei 30/1984, do 2 de agosto.
As probas selectivas convocaranse fora da oferta de emprego público e farase constar expresamente que se convocan ó abeiro da dita disposición adicional.
Previamente á convocatoria deberá modificarse o cadro de persoal, incluíndo tódalas prazas como reservadas a persoal funcionario.
O sistema será o concurso-oposición, outorgárase ata un 45% da puntuación á fase de concurso, con base nos servicios prestados na súa condición actual. As probas serán análogas ás de quenda libre, sen prexuízo de suprimir aquelas de coñecementos que xa foron acreditados cando se accedeu ó posto laboral.
O persoal que obtivese a praza deberá permanecer nela un mínimo de 2 anos; o que non a obtivese quedaría como laboral pa extinguir.
Para acceder a estas probas é preciso que o persoal conte coa titulación esixida antes da finalización do prazo de presentación de instancias.
Poderase completa-la titulación necesaria durante toda a vixencia do convenio e, en consecuencia, o empregado poderá realiza-as probas selectivas necesarias para a adquisición da condición de funcionario, durante dito período.
Terceira.- De conformidade co previsto na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia o Concello comprométese dentro das limitacións presupostarias e das legais a crea-la subescala de xestión, dentro da escala de administración xeral.
Cuarta: Terceira.- O Concello comprométese a efectuar unha nova valoración dos postos na que se teñan en conta as necesidades dos servicios, a reorganización administrativa e a mellora da productividade, para o que destina a cantidade de 400.000.000.- ptas. para facer fronte ós incrementos das retribucións complementarias do persoal do seu cadro.
Quinta: Cuarta.- O Concello comprométese a ofertar cada ano o mesmo número de prazas que as vacantes producidas o ano anterior, salvo que legalmente non sexa posible, e dirixidas ás prazas e servicios que máis o precisen, trala negociación na Mesa Xeral.
Sexta: Quinta.- Se o Concello asumira a xestión directa de calquera servicio municipal prestado como organismo autónomo o seu persoal integrarase automáticamente no cadro de persoal municipal.
Séptima: Sexta.- As parellas de feito contarán cos dereitos que en cada caso lles atribúa a lexislación vixente.
Octava: Séptima.- O persoal dos departamentos de atención ó público deberá rotar na prestación dos servicios de atención directa á cidadanía, salvo excepcións derivadas de circunstancias obxectivas debidamente acreditadas.
Novena: Octava.- As referencias normativas concretas que se conteñen neste acordo entenderánse automáticamente referidas á norma que expresamente a substitúa durante o seu período de vixencia e o seu contido será de aplicación directa substituíndo á derrogada.
Décima: Novena.- O Concello comprométese a negociar coa representación sindical a segunda actividade dos empregados, supeditándoa a que solicitasen a invalidez e non lla concedesen e con informe médico oficial que xustifique que as doenzas que padecen lles impiden realiza-las funcións normais do seu posto de traballo. Ademais deberán participar e supera-los cursos de capacitación que se lles indiquen.
Undécima: Décima.- O vestiario do persoal de cada servicio ó que se lle esixa uniformidade será o necesario para o desenvolvemento das súas funcións, segundo proposta dos xefes dos servicios que será negociada co Comité de Empresa, trala aprobación polo órgano municipal competente.
O Concello comprométese a subscribi-lo contrato de subministración de vistiario para que ó longo do ano tódolos traballadores conten coa roupa de traballo acordada.
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS.
Primeira.- Transcorrido o período acordado para a nova valoración de postos de traballo, a súa aplicación económica, o prazo da cal finalizou o 31 de decembro de 1997 sen realizarse, antes de que finalice o ano 1998, o persoal percibirá unha paga única a conta do que resulte da dita valoración, por importe de 100.000.000.- ptas. para repartir linealmente entre todo o persoal do cadro.
En tanto non se aprobe a nova valoración e durante a vixencia do acordo 1 de xaneiro de 1999 a 31 de decembro d0 2002- agás a paga única que se aboará con carácter retroactivo desde 1998, continuarase aboando o citado importe repartido linealmente entre o persoal da seguinte forma:
Ano 1999: 70% do total a repartir en catro pagas trimestrais. O 30% restante o 30 de xaneiro do ano seguinte e supeditado a un absentismo de menos dun mes o ano anterior (para estes efectos as enfermidades ou accidentes que supoñan hospitalización, as enfermidades crónicas que imposibiliten para o traballo non se computarán, sen prexuízo de que a súa duración obrigue á solicitude da pensión de invalidez).
Ano 2000: A partir deste ano será unha Comisión, tralo exame dos resultados da medida anterior a que estudiará a vinculación de parte da paga ó absentismo Bou no seu defecto do complemento específico- podendo modificar porcentaxes e incluso formas de vinculación.
Ano 2002: Se neste ano non se aprobase a nova valoración de postos, o resultado da distribución dos 100.000.000.- ptas., incluirase no complemento específico de cada posto de traballo, tamén linealmente.
Ano 2003: A partir do 1 de xaneiro deste ano será o novo acordo regulador o que marque as pautas para seguir.
No caso de que a valoración de postos se aprobase durante a vixencia do Acordo, aplicaríase no exercicio seguinte, deducíndose as cantidades aboadas a conta anteriormente a cada funcionario, pero garantindo o cobro das actuais retribucións cos seus incrementos legais.
Nos casos en que restase algunha cantidade por deducir, aplicarase no exercicio ou exercicios seguintes, coa mesma prevención anterior.
As restantes retribucións, coa anterior salvedade, manterán a súa actual estructura ata que se aprobe a valoración de postos e en todo caso só experimentarán os incrementos previstos nas Leis de presupostos de cada ano (incluídas as que non son de retribución fixa e percepción períodica).
Segunda.- En tanto non se finaliza o proceso de funcionarización do persoal laboral, este poderá negocia-lo seu convenio colectivo ou adherirse ó presente Acordo en todos aqueles aspectos non reservados ós funcionarios no seu Estatuto, que se subustituirán polos correspondentes na lexislación laboral
A anterior previsión faise extensible ó persoal dos distintos organismos autónomos municipais.
Segunda.- Méntres non se negocie seguirá entregándoselle ó persoal dos servicios que conten con uniformidade o mesmo que recibían ata a data.
Terceira.- En tanto non conclúe o proceso de funcionarización do persoal laboral, este poderá acceder ós concursos de traslados e ás promocións internas para cubrir aquelas vacantes nas que o titular da praza ou posto contase coa dita condición.
Cuarta.- Continuarán aboándose con cargo ó complemento de productividade aquelas circunstancias específicas do posto, especialmente nocturnidade, festividade, traballo en quendas, toxicidade, traballo os días 24 e 31 de decembro, etc., ata tanto non se inclúan no complemento específico a través da correspondente valoración de postos de traballo.
Quinta.- En canto ás aportacións ó Plan de Pensións no momento en que se aprobe o Acordo, rexerán as seguintes regras:
- a. A contribución municipal en relación cos empregados que viñesen achegando 7.000.- ptas ou máis ó fondo, incrementarase automáticamente ata o dito importe.
- b. No caso de empregados que veñan achegando menos do tope actual de 5.000.- ptas, a contribución municipal manterase na mesma contía en tanto o empregado non solicite o incremento dá súa.
- c. No caso de empregados que viñesen aportando menos de 000.- ptas. ó mes Btope mínimo no novo Acordo- incrementaráselle a súa achega ata a dita cantidade, salvo que nos 10 días seguintes á aprobación do Acordo indique o contrario. Neste caso o Concello cesará na súa aportación.
- d. No caso de empregados que viñesen achegando o tope máximo de 5.000.- ptas., a contribución incrementarase automáticamente ata 7.000.- ptas. novo tope máximo da achega municipal-, sen prexuízo de que o funcionario poida opoñerse como no caso
Sexta.- En tanto non se unifique a xornada anual de tódolos servicios municipais e non podan compensarse con descanso as horas en exceso sobre a xornada normal de traballo, rexerán as seguintes régras:
Primeira.- A diferencia de xornada anual do persoal dun colectivo con respecto á normal dos empregados segundo o calendario laboral, por motivos estructurais, aboarase cunha gratificación por importe das horas en exceso calculadas ó valor das horas extraordinarias actuais segundo categoría, que se suprimen, en tanto non se reorganice o servicio e se adapte a súa xornada á do resto dos funcionarios.
No caso do Servicio de Extinción de Incendios o abono das horas en exceso (actualmente 400) efectuarase mensualmente por deceavas partes, na mesma contía e iguais condicións que se ven realizando.
Segunda.– A xornada anual superior daqueles servicios que non podan disfrutar da xornada reducida de verán, aboaranse asímesmo, ó importe da hora extraordinaria actual segundo categoría, cos recargos que procedan por nocturnidade e domingos e festivos.
A estes efectos considerase xornada nocturna a realizada entre as 22,00 e 7,00 horas. Terán a consideración de domingos e festivos os días que corresponden ó descanso semanal, festas locais, autonómicas e estatais.
Terceira.- As horas en exceso sobre a xornada normal de traballo que se produzan ó longo do ano compensaranse preferentemente con descansos. Non obstante, cada cuatrimestre, aboaranse como gratificación por servicios especiais, aquelas en que transcorridos máis de catro meses desde que se realizaron, non puideron ser compensadas por motivo do servicio.
Dita gratificación por xornada en exceso aboarase ó mesmo importe que o desconto proporcional de retribucións, dividindo as retribucións fixas e periódicas do empregado no mes correspondente por 30 días e o seu resultado por 7,15 horas. O valor hora así obtido, multiplicarase polas realizadas en exceso.
O seu importe incrementarase cos recargos que procedan por nocturnidade, domingos e festivos.
DISPOSICIÓN DERROGATORIA
Á entrada en vigor do presente Acordo queda derrogado o Acordo regulador de condicións económicas e sociais do persoal ó servicio do Concello de Vigo, aprobado pola Corporación municipal en sesión de 4 de agosto de 1995, así como calquera outro, resolución ou norma de réxime interno que se opoñan ó previsto no presente documento.