NOTA.- ESTE DOCUMENTO FOI APROBADO NO PLENO DO CONCELLO DO DÍA 31 DE MARZO DO 2003, EN BASE ÁS MODIFICACIÓNS PRODUCIDAS COA LEI DE ACOMPAÑAMENTO DO BOE-313 DO 2002 (ACORDO ADM.- SINDICATOS) E QUE MODIFICAN O NOSO CONVENIO 1999-2002.
Reducción de xornada por motivos familiares.
De conformidade co disposto no Artigo 58 da Lei 53/2002, de 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de orde social, que introduce un novo parágrafo f) no apartado 1º do artigo 30 da Lei de Medidas para a Reforma da Función Pública, as empregadas municipais, por lactancia dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. Este dereito poderá substituírse por unha reducción da xornada normal en media hora, ó inicio e ó final da xornada, coa mesma finalidade. Este dereito poderá ser exercido indistintamente polo pai ou a nai no caso de que ámbolos dous traballen.
Mobilidade voluntaria por razóns de saúde:
De conformidade co disposto no artigo 50 da lei 53/2002, que engade un novo parágrafo h) ó apartado 1 do artigo 20 da lei 30/84, de 2 de agosto, poderase adscribir ós empregados municipais a postos de traballo en distinta unidade previa solicitude baseada en motivos de saúde ou rehabilitación do traballador, seu cónxuxe ou os fillos ó seu cargo, con previo informe dos servicios médicos do Concello e condicionados a que existan postos vacantes con asignación presupostaria que non teñan nivel de complemento de destino e específico superior ó do posto de orixe, e reúnan os requisitos para o seu desempeño. Dita adscrición terá carácter definitivo cando o empregado municipal ocupara con tal carácter o seu posto de orixe.
Asemade, e consonte o artigo 30 da lei 30/84, na súa nova redacción conferida polo artigo 58 da lei 53/2002, as empregadas municipais embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo para a realización de exámens prenatais e técnicas de preparación ó parto, polo tempo necesario para a súa práctica e previa xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.
Todo o anterior levarase a cabo previas as actuacións e coas garantias establecidas no artigo 26 da Lei de Prevención de Riscos Laborais.
Outras medidas de prestación de servicios: Prestación a tempo parcial.
O Grupo de Traballo de absentismo e réxime de prestación de servicios analizará as posibles modalidades de prestación do servicio a tempo parcial.
Respecto á modalidade de contratación a tempo parcial, impulsarase e dinamizarase esta modalidade contractual para os contratos laborais temporais,na medida que as necesidades da Administración o permitan sempre que fose posible flexibiliza-lo tempo de traballo de acordo coa actividade que se desenvolva, favorecendo a conciliación do traballo coa vida familiar.
Por isto é necesario dotar a esta modalidade de contratación duns mecanismos que garantan a igualdade de trato e non discriminación respecto dos/as empregados e empregadas que fan a súa xornada de traballo a tempo completo.
Carreira Administrativa e Promoción interna.
- A Promoción Interna.
- Con carácter xeral, a fase de concurso será previa
- Os méritos da fase de concurso estarán orientados a avalia-la carreira profesional do/a candidato/a e as súas capacidades e aptitudes para cumprir coas funcións propias do Corpo ou Escala de destino
- As capacidades e aptitudes do/a candidato/a para cumprir con estas funcións valoraranse atendendo á formación recibida, sempre e cando esta capacite para o desenvolvemento desas funcións na forma prevista no apartado seguinte, e as funcións desenvolvidas nos últimos postos de traballo
- Entenderase por formación capacitadora, a efectos do concurso, aquela na que o obxectivo sexa instruír ó/á candidato/a para promocionar e responda a un programa homologado
O Goberno municipal afondar no desenrolo da promoción horizontal, entendida como elemento básico tanto na ordenación do persoal ó servicio da Administración, como no desenvolvemento dunha carreira administrativa mellor articulada.
Capacitación profesional dos empregados e empregadas municipais.
A capacitación profesional constitúe un elemento esencial na estratexia de modernización da Administración municipal, e é un factor básico para articula-la mobilidade na promoción. En consecuencia, a Administración asegurará a igualdade no acceso á formación de tódolos/as empregados/as públicos e vincularase a mesma ó desenvolvemento da carreira profesional e á promoción.
Formación Continua.
Administración Municipalicais ratifica a vixencia do III AFCAP, e en desenvolvemento do mesmo acordan levar a cabo as seguintes actuacións:
- Validación global das accións formativas realizadas no marco do III AFCAP
- A Administración municipal, e en aras a articula-la súa política modernizadora conducente ó establecemento duns servicios públicos de calidade, outorgará un carácter prioritario á formación dos seus empregados e empregadas como elemento estratéxico que o son a tal fin
Por esta razón e neste marco, potenciaranse os programas formativos orientados ás novas tecnoloxías e ós idiomas, en orden a impulsa-la modernización continua no sector público, de xeito que polo menos, o 50% dos recursos orzamentarios destinados á formación dos/as empregados/as municipais se dirixa precisamente ó desenvolvemento de programas de capacitación nestas materias.
De igual forma, a Comisión de Formación dará preferencia ós programas formativos en novas tecnoloxías e idiomas nos orzamentos de Formación Continua para os próximos anos.
Estabilidade no emprego e control da temporalidade.
O Grupo de Traballo de planificación de recursos humanos analizará a temporalidade no emprego público por sectores e ámbitos específicos e proporá as actuacións a realizar para que a porcentaxe de traballadores/as temporais ó servicio da Administración se reduza e, en calquera caso, non supere, en termos homoxéneos de efectivos, a taxa do 8%.
Dentro deste grupo de traballo estudiaranse as condicións e características do emprego público temporal no seu conxunto e coordinaranse os traballos co resto de grupos que poidan constituírse nas Administración, de cara a promove-la reducción da taxa de temporalidade nos seus ámbitos respectivos.
Como consecuencia dos traballos deste grupo poderán desenvolverse plans de estabilidade, dos que o obxectivo será corrixi-la temporalidade nun ámbito concreto.
Así mesmo, o Goberno municipal acorda que somente se recorrerá a traballadores/as temporais para atender necesidades conxunturaies ou cubrir prazas estructurais mentres estas últimas non se provean por calquera dos mecanismos ordinarios previstos na lexislación aplicable. Esta provisión deberá iniciarse na vindeira oferta de emprego público seguinte ó nomeamento do contrato interino.
Nos contratos de inserción, deberá acreditarse expresamente que o obxecto do contrato é o de realizar unha obra ou servicio de interese xeral ou social, como medio de adquisición de experiencia laboral e mellora da ocupabilidade do empregado/a participante, e que non se trata de realizar tarefas de carácter estructural.
Polo que se refire ós dereitos de información dos representantes dos/a traballadores/as, estarase ó disposto na Lei 12/2001, de 9 de xullo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e a mellora de súa calidade.
Co obxecto de optimiza-lo uso dos recursos existentes no ámbito da Administración municipal darase a oportuna información ó Comité de persoal e ós representantes sindicais en referencia ás circunstancias e criterios cos que poderá acudirse a exentes externos para a realización de servicios.
Melloras sociais.
Vacacións.
De conformidade co disposto no artigo 51 da lei 53/2002, que modifica o artigo 68 de lei de funcionarios civis do Estado, tódolos empregados municipais terán dereito, por ano completo de servicios, a disfrutar dunha vacación retribuida dun mes natural ou de vintedous días hábiles anuais, ou ós dias que lles correspondan proporcionalmente ó tempo de servicios efectivos.
Asemade, terán dereito a un día hábil adicional ó cumpri-los quince anos de servicio engadíndose un día hábil máis ó cumpri-los vintecinco e trinta anos de servicio respectivamente, ata un total de vinteséis días hábiles por ano natural.
Este dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ó do cumprimento dos anos de servicio sinalados no parágrafo anterior.
Ós efectos previstos nesta disposición, non se consideran como días hábiles sábados, sen prexuicio das adaptacións que se establezan para os horarios especiais.
Consecuentemente, o disfrute dos días adicionais axustarase ó seguinte cadro:
15 anos de servicio | 23 | días | hábiles |
20 anos de servicio | 24 | días | hábiles |
25 anos de servicio | 25 | días | hábiles |
30 ou máis años de servicio | 26 | días | hábiles |
Est dereito farase efectivo a partir do ano natural seguinte ó cumprimento da antigüidade de referencia.
No caso de baixa por maternidade, e cando esta situación coincida co período de vacacións, quedará interrompido o mesmo e poderán gozarse as vacacións finalizado o período de permiso por maternidade, sempre e cando coincida dentro do ano natural, agás que se demostre a imposibilidade, por razóns do servicio, de seren disfrutadas nese período.
Permisos e licencias.
Consonte ó disposto no artigo 58 da lei 53/2002, que modifica o parágrafo 1 do artigo 30 da lei 30/84 de Medidas para a Reforma da Función Pública, concederanse permisos de tres días hábiles, polo nacemento, acollida ou adopción de un fillo e o falecemento, accidente ou enfermidade grave de un familiar dentro do primeiro grao de cosanguinidade ou afinidade, cando o suceso se produza na mesma localidade, e cinco días hábiles cando sexa en distinta localidade.
Así mesmo, os permisos ós que se refire o apartado 3 do artigo 30 da Lei 30/1984, de 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, a solicitada dos/as empregados/as se o permiten as necesidades do servicio, e nos termos que regulamentariamente se determinen.
Prevención de riscos laborais.
1. Administración municipal e os Sindicatos asinantes, xunto co Comité de persoal, farán accións dirixidas á facilita-la aplicación da lexislación sobre prevención de riscos laborais e a fomenta-lo cumprimento das accións derivadas da mesma para a Administración, e entre elas as seguintes:
- A. Tódalas accións necesarias para contar cun sistema de xestión unificado que incorpore tódolos procedementos necesarios para facer efectiva unha adecuada política de Seguridade e Saúde Laboral
- B. Avaliacións iniciais de riscos en tódolos centros de traballo da Administración municipal, procedendo, unha vez efectuadas as mesmas, a face-las seguintes actuacións:
- Modificación das condicións de aqueles postos de traballo nos que fora necesario
- Información ós/ás traballadores/as dos riscos existentes nos seus postos de traballo.
- Formación ós/as traballadoras sobre os riscos específicos dos seus postos de traballo.
- Vixilancia da saúde. A súa planificación e programación farase no marco da Lei Xeneral de Sanidade de 25 de abril de 1996
- C. Realización de recoñecementos médicos ós/ás empregados/as públicos de conformidade co disposto nos artigos 22 de la Lei 31/1995, de 8 de novembro, e 37 do Regulamento dos Servicios de Prevención.
- Completaranse os Plans de Emerxencia nos centros de traballo da Administración, procedéndose, unha vez elaborados, a súa plena implantación.
- Durante a vixencia do Acordo no seo da Comisión Paritaria, e á vista das avaliacións de riscos practicadas nos centros de traballo da Administración municipal, elaboraranse os correspondentes Mapas de Riscos e de Enfermidades Profesionais.
2. Continuará o proceso de formación de técnicos en prevención de riscos laborais no marco dos Acordos sobre Formación Continua e seguirase con atención o grao de inserción do persoal xa formado en labores propias da prevención, para o que, se desenvolverá un sistema de información que mediante o seguimento da súa situación permita optimiza-los recursos investidos, facilitando que todo o persoal formado en prevención poida desenvolver funcións en materia de seguridade e saúde laboral.
3. Durante a vixencia do presente Acordo, a Administración municipal proporcionará unha formación básica para os delegados e delegadas de prevención.
4. Terminarase o deseño e implantación dun sistema de información sobre o estado da prevención de riscos laborais na Administración municipal e o control da sinistralidade laboral
5. Durante a vixencia do presente Acordo a Administración procederá a dicta-las medidas necesarias para a efectiva aplicación do disposto nos artigos 25 e 26 da Lei de Prevención de Riscos Laborais
6. Asemade procederase á adaptación á lexislación de prevención de riscos laborais dos sectores específicos contemplados no artigo 3.2 e 3.3 da Lei de Prevención de Riscos Laborais
7. A Comisión de Saúde Laboral seguirá mantendo o seu protagonismo como foro específico de participación das Organizacións Sindicais en materia de prevención de riscos laborais, que recibirán puntual información sobre as medidas e accións adoptadas en cumprimento do establecido no presente Acordo
8. Sen prexuízo das obrigacións legais existentes en materia de prevención de riscos laborais, a Administración municipal establecerá fórmulas de coordinación e participación entre os Departamentos e servicios, a fin de maximiza-la rendibilidade dos recursos empregados e conseguir un adecuado nivel de protección para tódolos/as empregados/as.
Igualdade de oportunidades.
A Comisión de Seguimento afondará na necesidade de conciliación do traballo e a familia, elevando informes e propostas que coadxuven a promove-la igualdade de oportunidades e de trato entre homes e mulleres, evitando calquera discriminación entre os/as empregados/as públicos por razón de sexo, raza, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
MEDIDAS DESTINADAS A MELLORA-LO MARCO DAS RELACIÓNS LABORAIS
A negociación nesta materia orientarasea actualiza-lo presente marco de relacións laborais. En concreto, tratarse de acadar acordos sobre os seguintes aspectos:
- Dereitos e garantías sindicais: regularanse de forma integrada e unitaria os dereitos e garantías sindicais que se recoñecen no ámbito da Adminsitración pública para facilita-lo desenvolvemento da acción sindical
- Negociación colectiva: adaptaranse e actualizaranse os ámbitos, estructura, ordenación e procedementos de negociación no ámbito da Administración munciipal e estableceranse os criterios para a articulación e coordinación da mesma.
O Grupo de Traballo de relacións laborais analizará, estudiará e proporá, no seu caso, un Acordo sobre os apartados anteriormente citados.
ÁMBITO DE APLICACIÓN, VIXENCIA E COMISIÓN DE SEGUIMENTO
Comisión de Seguimento
Constituirase unha Comisión Paritaria de Seguimento deste acordo, nun prazo máximo de quince días a contar dende o día da súa aprobación polo Pleno do Concello. Estará composta por cinco membros da Corporación e cinco do Comité de Persoal, no que se garantirá a presencia dun representante de cada un dos sindicatos con presencia no Comité de Persoal.
Terá os seguintes cometidos:
- Interpretar os contidos do acordo
- Vixiar o cumprimento do pactado
- Desenvolver aquelas materias sobre as que no presente acordo así se establece
- Acordar o seu regulamento de funcionamento
Dependentes da Comisión Paritaria crearanse os seguintes Grupos de Traballo, coas funcións e cometidos que se delimitan nos apartados correspondentes do presente acordo:
- Grupo de traballo de planificación de recursos humanos: No seu ámbito de traballo, poderanse elaborar propostas relativas ás posibles formas de adaptación da provisión de postos, especialemnte de acordo co establecido na Lei orgánica de cualificacións e da formación continua, Lei 5/2002, de 19 de xuño, en relación co sistema nacional de cualificacións profesionais.
- Grupo de traballo de absentismo e réxime de prestación de de servicios
- Grupo de traballo de relacións laborais
Os Grupos de traballo constituiranse dentro dos tres meses eguintes á data de aprobación do presente acordo.”