NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO XVI DEREITOS DE REUNIÓN E DE FOLGA
Artigo 60.- Reunións.
Con carácter xeral aplicaranse as previsións contidas na Lei 9/1987 do 12 de xuño e no Estatuto dos Traballadores.
Están lexitimados para convocar reunións de persoal no centro de traballo:
- a. As organizacións sindicais directamente ou a través dos seus
- b. ös órganos de representación unitaria do persoal
- c. Calquera colectivo de persoal do Concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% do total de empregados.
Con carácter xeral as reunións no centro de traballo autorizaranse fóra das horas de traballo, salvo acordo entre o alcalde e as persoas que estean lexitimadas para convocalas. Se existe acordo o alcalde poderá autorizalas dentro do horario de traballo, ata un máximo de 50 horas anuais, das que 20 corresponderanlles ás seccións sindicais proporcionalmente á súa representación na Xunta de Persoal e no Comité de Empresa .
Se as asembleas corresponden a persoal dun só servicio, as horas computaranse ó 50%.
En calquera caso a realización da reunión en xornada de traballo non prexudicará a prestación do servicio.
Serán requisitos para convocar unha reunión os seguintes:
- a. Comunicación por escrito da súa realización cunha antelación de dous días hábiles.
- b. A solicitude deberá conte-los seguintes datos: hora e lugar, orde do día e datos dos firmantes acreditativos de que estean lexitimados para convocala.
Se antes das 24 horas anteriores á data da reunión o alcalde non formulase obxeccións á esta mediante resolución motivada, entenderase autorizada sen máis requisitos.
Os convocantes da reunión serán responsables do seu normal desenvolvemento.
Artigo 61.- Dereito de folga.
A folga convocarase conforme co disposto na lexislación vixente e unha vez esgotados os procedementos de negociación e mediación e con cumprimento sempre do preaviso coa antelación establecida.
A Policía Local non poderá exercita-lo dereito de folga ou acción substitutiva de conformidade co previsto no art. 6 da Lei orgánica 11/1986, do 13 de marzo.
Os servicios mínimos serán establecidos pola Alcaldía trala negociación co Comité de Folga, e deberán debendo estar motivados.