NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO XV DISPOSICIÓNS COMÚNS ÓS DOUS CAPÍTULOS ANTERIORES
Artigo 58.- Taboleiro de anuncios.
O Concello instalará en tódolos centros de traballo taboleiros coas características precisas para servir á súa finalidade específica de utilización polo Comité de Empresa, Xunta de Persoal e as seccións sindicais.
En campañas electorais, se os ditos taboleiros fosen insuficientes para conter toda a publicidade, ésta poderá colocarse noutros lugares distintos, trala autorización dos xefes dos respectivos servicios e velando sempre por mante- la estética dos locais.
Artigo 59.- Locais sindicais.
O Concello comprométese a facilitar como mínimo un local para reunións dos órganos de representación unitaria do persoal, outro para cada unha das seccións sindicais con representación na dita Xunta e de superficie proporcional ó número de membros con que conte, e outro para as restantes seccións sindicais que poidan constituirse e para os representantes do persoal elixidos a través de agrupacións electorais.
Así mesmo, o Concello e gratuitamente facilitará o mobiliario e material de oficina que precisen.