NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPITULO XIII DEREITOS SINDICAIS
Artigo 46.- Cláusula xeral.
Os dereitos sindicais e os conseguintes deberes exerceranse con suxeición estricta ó previsto no art. 28 da Constitución, Lei organica 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical, Lei9/1987, do 12 de xuño, de representación e participación persoal e Real decreto lexistalivo 1/1995, do 24 de marzo que aproba o estatuto dos traballadores.
Conseguintemente o Concello e os sindicatos asinantes comprométense a promove-las condicións necesarias para o pleno desenvolvemento da acción e liberdade sindical.
Artigo 47.- Negociación das condicións de traballo.
A negociación das condicións de traballo correspóndelle á Mesa Xeral, integrada no que se refire ó Banco social polas organizacións sindicais máis representativas no ámbito estatal ou da comunidade autónoma e os sindicatos que obtivesen o 10% ou máis do seus representantes nas eleccións sindicais. Polo que respecta o Banco municipal, polos representantes da Corporación ou do alcalde, segundo distribución legal de atribucións e materias para negociar.
O ámbito da negociación estendese a tódalas materias que figuran no art. 32 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, e ós acordos e pactos a que se refire o art. 35 seguinte.
Artigo 48.- Cota sindical.
O Concello comprométese a descontar da nómina de cada empregado/a a cota sindical que lle corresponda trala súa autorización por escrito e a ingresala na conta da entidade que indique o sindicato ó que pertence.
Artigo 49.- Representación sindical .
A cada sección sindical con representación no Concello corresponderánlle dous delegados se nas últimas eleccións obtivesen máis do 10% dos votos válidos; no caso contrario, corresponderalles só un delegado.
Ademáis se o sindicato conta entre 2 a 5 membros nos órganos de representación unitaria do persoal, terá dereito a contar con 1 membro do sindicato liberado; se conta con máis de 5 membros, serán 2 os membros do sindicato que gozarán de dito dereito.
Tamén os membros das Mesas dos órganos de representación do persoal ata un máximo de 5 estarán liberados para o desenvolvemento das súas funcións sindicais e representativas, sen que consuman crédito horario.
Os delegados sindicais no caso de que non formen parte do Comité de Empresa terán as mesmas garantías que as establecidas legalmente para os órganos de repreentación unitaria do persoal e en concreto as seguintes:
- a. Ter acceso á mesma información e documentación que o Concello deba poñer a disposición dos órganos de representación.
- b. Asistir ás reunións dos órganos de representación e dos órganos colexiados do Concello que actúan en materia de prevención de riscos
- c. Ser oídos polo Concello antes da adopción de medidas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e, en particular ós afiliados ó seu sindicato especialmente nos casos de sanción destes últimos.
Artigo 50.- Solución extraxudicial de conflictos.
Os representantes sindicais terán o deber de intenta-la resolución extraxudicial dos seguintes conflictos:
- a. Conflictos sobre intereses comúns dun grupo xenérico de empregados e que versen sobre aplicación e interpretación dunha norma estatal, dun acordo ou
- b. Conflictos xurdidos durante a negociación de acordos e pactos debidos a discrepancias substanciais adecuadamente constatadas, que motiven o bloqueo da negociación correspondente por un período de cando menos seis meses, que contará desde o inicio
- c. Conflictos que dean lugar á convocatoria dunha folga ou que se susciten sobre a determinación dos servicios esenciais para a comunidade que deban manterse durante esta situación.
Quedan excluídos do ámbito deste acordo os conflictos que versen sobre seguridade social, así como as reclamacións individuais dos empregados públicos.
Cando o conflicto se refira a interpretación e aplicación deste acordo, requerirá o previo sometemento a Comisión Paritaria.
Para resolve-los conflictos establécense os procedementos de mediación e arbitraxe.
O procedemento de mediación será obrigatorio sempre que o demanden calquera das partes e no caso de folga.
O mediador será designado de común acordo entre as partes, sen prexuízo de que se a FEMP ou a FEGAMP constitúe unha Comisión Paritaria de Arbitraxe da Función Pública Local, se solicite desta a designación do mediador. No caso de empregados laborais solicitarase da lista do Consello Galego de Relacións Laborais.
Se se producise acordo, este formalizarase por escrito na oportuna acta; de non ser posible, soamente se consignará a falta de acordo, así como as razóns alegadas por cada unha das partes.
En canto a arbitraxe é o sistema a través do cal as partes acordan encomendar a un terceiro a resolución do conflicto presentado, comprometéndose por adiantado a acepta-lo contido deste.
A designación dos arbitros a efectuará a Comisión Paritaria antes indicada e entre tanto non se constitúa, o Consello Galego de Relacións Laborais.
En canto a eficacia da proposta de mediación aceptada ou, de se-lo caso, do laudo arbitral dictado terán o mesmo valor normativo que os pactos considerados no artigo 35.2, da Lei 9/1987, do 12 de xuño, polo que obrigarán directamente as partes.
Non obstante cando a mediación ou arbitraxe afecten a temas que deban ser obxecto dun a ocordo dos previstos no dito artigo 35, por se refiren á materias que sexan competencia do Concello-Pleno, o acordo de mediación ou laudo correspondente deberá ser aprobado expresa e formalmente, polo dito órgano de goberno para alcanzar validez eficacia.
De ser rexeitado, a resolución denegatoria deberá ser motivada, de conformidade co establecido no art. 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Artigo 51.- Acreditación da representatividade.
Os sindicatos interesados deberán acredita-la representatividade necesaria para estar presentes nas Mesas de Negociación, mediante a presentación do correspondente certificado da Oficina pública, para os efectos de que se poida constata-la existencia da lexitimación necesaria para estar presente na Mesa.
Esta acreditación farase o día 1 de xaneiro de 1999 e cada dous anos, de conformidade co previsto na disposición adicional cuarta da Lei 9/1987, do 12 de xuño.
Artigo 52.- Formación sindical
As seccións sindicais dos sindicatos con representación no Concello contarán cos seguintes dereitos:
- a. Un crédito de 10 horas por delegado e ano para formación
- b. 5 días ó ano por cada delegado para asistencia a congresos sindicais ou de formación.
Os anteriores dereitos poderán ser exercitados polos afiliados que a sección sindical designe e, o goce destes dereitos deberá ser xustificado documentalmente.