NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO XII DEREITOS E DEBERES DO PERSOAL
Artigo 43.- Dereitos de información e consulta.
Ademais dos que se inclúen neste documento, os empregados terán dereito á consulta do seu expediente persoal e a seren informados das incidencias que nel se produzan.
Artigo 44.- Dereito a que se contesten as peticións.
Sen prexuízo da obriga do Concello de resolver expresamente as peticións do seu persoal e ó efecto de adecua-las normas reguladoras dos procedementos de xestión de persoal incluídos na aplicación da Lei 30/1984, do 2 de agosto á Lei 30/1992, do 26 de novembro, establécense as seguintes normas:
10.- As solicitudes formuladas nos procedementos administrativos de xestión de persoal que a continuación se indican poderanse entender desestimadas unha vez transcorridos tres meses desde a data da solicitude sen que se dictase resolución.
- a. Recoñecemento de grao persoal e servicios
- b. Autorización de comisión de
- c. Declaración de situacións administrativas, salvo as que segundo anormativa vixente dean lugar a estimación.
- d. Autorización de permuta de destinos entre
- e. Adscrición provisional a postos de
- f. Clasificación e integración en corpos e escalas de nivel superior
- g. Procedementos de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional, que non conten cun prazo especial na súa normativa específica.
- h. Procedemento de resolución das solicitudes formuladas en relación coa adscrición de postos a determinados grupos de funcionarios, forma de provisión daqueles, titulacións requiridas, administracións de procedencia para ocupalos, exclusividade destes, temporalidade e calquera outra que teñaincidencia na relación de postos de traballo.
- i. Calquera outro procedemento non incluído na norma seguinte á resolución do cal implique efectos económicos actuais ou poída producilos en calquera outro momento, sempre que non teña un prazo sinalado na súa normativa específica.
20.- As solicitudes formuladas nos seguintes procedementos administrativos de xestión de persoal poderanse entender estimadas unha vez transcorridos, sen que se dictase resolución nos seguintes prazos:
- a. Asistencia a cursos de selección, formación ou perfeccionamento: 2
- b. Vacacións en período ordinario: 1
- c. Permisos por nacemento dun fillo, morte ou enfermidade dun familiar: 1 día.
- d. Permiso por traslado de domicilio: 10 días.
- e. Permiso por asistencia a exames: 3 días.
- f. Permiso para o coidado dun fillo menor de 9 meses: 1 día
- g. Permisos por maternidade ou adopción: 3 días.
- h. Permisos por asuntos particulares: 10 días.
- i. Reducción de xornada por razóns de garda legal, e a súa ampliación cando a teña reducida: 10 días.
- l. Permisos sindicais: 1
- m. Licencias por estudios sobre materias relacionadas coa función pública: 3 meses.
- n. Licencia por matrimonio: 10 días.
- o. Prórrogas de toma de posesión de postos obtidos por primeiro nomeamento ou concurso: 20 días.
- p. Reingreso ó servicio activo de persoal con reserva de praza e destino: 3
- q.Reingreso procedente de suspensión por tempo inferior a 6 meses: 10 días.
- r. Excedencia por coidado de fillos: 1
- s. Excedencia voluntaria polo desenvolvemento doutra actividade no sector público: 3
- t. Excedencia voluntaria por interese particular: 3
- u. Servicios especiais: 2
- v. Xubilacións voluntarias: 3
- x. Autorización de compatibilidades para exercer un segundo posto ou actividade no sector público: 4 meses.
- z. Recoñecemento de compatibilidade para exercicio de actividades privadas: 3 meses
Artigo 45.- Deberes.
O persoal ten o deber de cumprir estrictamente tódalas obrigas que se derivan deste documento e da lexislación vixente, especialmente no que se refire a cumprimento de xornada, horario e réxime de incompatibilidades.