NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO XI FORMACIÓN E CAPACITACIÓN PROFESIONAL
Artigo 40.- Obxecto.
A finalidade prioritaria destas iniciativas é a formación tanto no ámbito persoal, a través da obtención de títulos académicos ou profesionais que faciliten a promoción do persoal, como no propiamente profesional a través de cursos que permitan a adaptación do persoal ás novas demandas da sociedade, consecución de coñecementos renovados e a adquisición de novos valores e aptitudes profesionais.
A capacitación profesional en concreto constitúe un factor básico para incrementa-la productividade dos funcionarios, ademais da súa motivación e integración, polo que deben establecerse os plans específicos para desenvolvela naqueles servicios en que sexa preciso.
Artigo 41.- Cursos de capacitación e formación.
A Corporación directamente ou en réxime de concerto con organismos oficiais competentes para dalos, organizará cursos de capacitación profesional cando as novas técnicas para aplicar ó requiran, considerándose o tempo de asistencia a estes cursos como de traballo efectivo
Así mesmo, o persoal do cadro terá dereito a asistir a cursos de formación impartidos pola Corporación a través dos oportunos concertos, ou por calquera outro organismo oficial con competencia para dalos.
A Corporación concederá para isto e como permiso retribuído o número de horas ó ano que en cada momento se considere nos acordos Administración- FEMP- sindicatos en vigor.
O anterior crédito horario tamén poderá aplicarse para a reducción de xornada do persoal do cadro que asistan fora da xornada normal de traballo a cursos de formación específicos.
Cando existan máis aspirantes que prazas os participantes elixiranse por sorteo e non poderán volver a participar en cursos das mesmas características ata que non o fagan a totalidade dos solicitantes.
O remate dos cursos entregaráselles ós participantes un diploma acreditativo da asistencia, no que constará a duración do curso e que se considerará un mérito para traslados e promocións a postos nós que se realicen funcións relacionadas co seu contido, só desde a data en que tódolos solicitantes tivesen a oportunidade de realizalo
Artigo 42.- Comisión Paritaria de Formación.
Estará integrada paritariamente por catro representantes do Concello por unha parte e do órgano de representación unitaria do persoal, por outra, e presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue.
Exercerá as funcións de secretario, con voz e sen voto, un funcionario da área de persoal designado pola Presidencia.
Contará coas seguintes funcións:
- a. A elaboración, programación e seguimento dos plans de formación e a súa proposta ó órgano municipal
- b. A proposta á Concello dos cursos de capacitación profesional que considere precisos en cada servicio ó longo do
- c. O seguimento dos cursos de capacitación programados polo Concello.
- d. O control do principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación, procurando que tódolos funcionarios que o desexen poidan ter acceso a eles