NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO X SAÚDE LABORAL
Artigo 38.- Compromiso das partes.
Ámbalas dúas partes comprométense a respecta-los dereitos e cumpri-las obrigas derivadas da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; para o Concello as que se consideran nos artigos 14 a 28 e para os funcionarios as determinadas no artigo 29.
Artigo 39.- O Comité de Seguridade e Saúde.
Constituirase un Comité de Seguridade e Saúde integrado paritariamente polos delegados de prevención Bactualmente en número de cinco- e polo mesmo número de representantes municipais, elixidos polo alcalde.
Ademais poderán participar nas súas reunións os restantes delegados sindicais e os responsables técnicos da prevención na empresa que non conten coa condición de representantes do empresario.