NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO VIII FALTAS E SANCIÓNS
Artigo 25.- Procedemento.
Os funcionarios poderán ser sancionados polo organismo municipal competente pola comisión das faltas tipificadas na lexislación xeral e que se transcriben neste acordo a través do procedemento considerado no Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, Decreto da Xunta de Galicia 94/1991, do 20 de marzo, e supletoriamente polo Regulamento disciplinario dos funcionarios da Administración xeral do Estado.
Para os funcionarios do Corpo da Policía local será de aplicación o previsto na sección cuarta do capítuo IV do Título II da Lei orgánica 2/1986, de forzas e corpos de seguridade.
En todo caso, da incoación do expediente, do prego de cargos e da proposta de resolución deberá dárselle conta ó Xunta de Persoal conxuntamente co inculpado; conferiráselle trámite de audiencia polo mesmo prazo que a aquel.
Así mesmo a Xunta de Persoal terá coñecemento de tódalas resolucións polas que se lles impoñan sancións ós funcionarios.
No procedemento rexerán as seguintes normas especiais:
- A. Os interesados poderán contar con asistencia de letrado/a.
- B. Sen prexuízo de que a sanción sexa executiva, desde o momento en que sexa firme en vía administrativa, poderá suspenderse a solicitude do sancionado con base nas circunstancias concretas e xustificadas que lle causen un prexuízo irreparable ou de moi difícil reparación.
En todo caso a sanción quedará en suspenso en tanto o órgano sancionador non dicte resolución expresa. Este antes de dictala recabará informe da Xunta de Persoal, que deberá remitilo nun prazo máximo de 5 días.
Todo funcionario poderá dar conta por escrito directamente ou a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto á súa intimidade ou á consideración debida a súa dignidade humana ou profesional.
A Alcaldía abrirá a oportuna información e instruirá as dilixencias necesarias para o esclarecemento destas conductas. A resolución que adopte comunicaraselle ó denunciante.
Previamente a imposición de sancións deberase conferir ó interesado e ó Comite e empresa trámite de audiencia polo periodo de 8 dias hábiles, facilitándoselle copia do expediente e practicándose as probas que o mesmo propoña.
O/a interesado/a solicitará a presencia dun membro do Comité de Empresa durante este trámite.
O Comité de Empresa terá coñecemento de tódalas resolucións polas que se impoñan sancións ós empregados/as.
Artigo 26.- Faltas.
A. Faltas moi graves:
a. Funcionarios e laborais.- (Con exclusión do persoal do Corpo da Policía local). Artigo 1. da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas parareforma da función pública.
- Incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio da función pública.
- Toda actuación que supoña discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar de nacemento ou vecindade, ou calquera outra condición ou circunstacia persoal ou social.
- O abandono do servicio.
- A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais, así declarados por lei ou clasificados como tales.
- A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.
- A violación da neutralidade ou independencia políticas, utilizando as facultades atribuídas para influír en procesos electorais de calquera natureza e ámbito.
- O incumprimento das normas sobre incompatibilidades.
- A obstaculización ó exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.
- A realización de actos encamiñados a coarta-lo libre exercicio do dereito de folga.
- A participación en folgas ós que as teñan expresamente prohibidas pola lei.
- O incumprimento da obrigación de atende-los servicios esenciais en caso de folga.
- Os actos limitativos de libre expresión depensamentos, ideas e opinións.
- Ter sido sancionado pola comisión de 3 faltas graves nun período dun ano.
b. Funcionarios do Corpo da Policía Local (art. 27. da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade).
- O incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio das súas funcións.
- Calquera conducta constitutiva de delicto doloso.
- O abuso das súas atribucións e a práctica de tratos inhumanos, degradantes, discriminatorios e vexatorios ás persoas que se atopen baixo a súa custodia.
- A insubordinación individual ou colectiva respecto das autoridades ou mandos de que dependan, así como a desobediencia as lexítimas instruccións dadas por aqueles.
- A non prestación de auxilio con urxencia, naqueles feitos ou circunstancias graves nas que sexa obrigada a súa actuación.
- O abandono de servico.
- A violación do segredo profesional e a falta do debido sixilo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo que prexudique o desenvolvemento do labor policial ou a calquera persoal.
- O exercicio de actividades públicas ou privadas incompatibles co desempeño das súas funcións.
- A participación en folgas, en accións substitutivas destas ou en actuacións concertadas co fin de altera-lo normal funcionamento dos servicios.
- Ter sido sancionado pola comisión de 3 ou máis faltas graves no período de un ano.
- A falta de colaboración manifesta cos demais membros das forzas e corpos de seguridade.
- Embriagarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o servicio ou con habitualidade.
- Calquera outra conducta non enumerada nos puntos anteriores tipificada como falta moi grave na lexislación xeral de funcionarios.
B. Faltas graves. (artigo 41 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia).
- A falta de obediencia debida a superiores e autoridades.
- O abuso da autoridade no exercicio do cargo.
- As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio das ou que lles causen danos á Administración ou ós administrados.
- A tolerancia dos superiores respecto da comisión de faltas moi graves ou graves dos seus subordinados.
- A grave desconsideración cos superiores, compañeiros e subordinados.
- Causar danos graves nos locais, no material ou nos documentos dos servicios.
- Intervir nun procedemento administrativo cando se dea algunha causas de abstención legalmente sinaladas.
- A emisión de informes manifestamente ilegais cando lles causen prexuízo á Administración ou ás e ós cidadáns e non constitúan falta moi grave.
- A falta de rendemeto que afecte ó normal funcionamento dos servicios e non constitúa falta moi grave.
- Non garda-lo debido sixilo respecto dos asuntos que se coñezan por razón do cargo, cando lle causen prexuízo á Administracion ou se utilicen en proveito propio.
- O incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña mantemento dalgunha situación de incompatibilidade.
- O incumprimento inxustificado da xornada de traballo que acumulado supoña un mínimo de 10 horas ó mes.
- A terceira falta inxustificada de asistencia nun período de tres meses, cando as dúas anteriores fosen obxecto de sanción por falta leve.
- A grave perturbación do servicio.
- O atentado grave á dignidade dos funcionarios ou da Administración.
- A grave falta de consideración cos administrados.
- As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.
Para os efectos das infraccións sinaladas anteriormente, entenderase por mes o período comprendido desde o día primeiro ó derradeiro de cada un dos doce que compeñen o ano.
C. Faltas leves. (Artigo 51, do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia).
- A falta de asistencia inxustificada dun día.
- A incorrección co público, superiores, compañeiros ou subordinados.
- O descoido ou a neglixencia no exercicio das súas funcións.
- O incumprimento dos deberes ou obrigas do persoal, sempre que non deban ser cualificados como falta grave ou moi grave. O incumprimento inxustificado do horario de traballo, motivará a deducción proporcional das retribucións, sempre por períodos de 15 minutos como mínimo.
Artigo 27.- Sancións.
a.Para todo o persoal con exclusión dos funcionarios do Corpo da Policía local e os funcionarios con habilitación de carácter nacional
- Pola comisión de faltas leves: apercibimento ou deducción proporcional de retribucións.
- Pola comisión de faltas graves: deducción de retribucións ou suspensión de funcións por un período inferior a 3 anos.
- Pola comisión de faltas moi graves: suspensión de funcións por un período non inferior a 3 anos nin superior a 6 ou separación do servicio.
b.Para o persoal do Corpo da Policía
Ademais das anteriores poderán impo-las seguintes:
- Pola comisión de faltas graves: inmobilización na escala por un período non superior a 5 anos e perda de 5 a 20 días de remuneración e suspensión de funcións por igual período.
- Pola comisión de faltas leves: a perda de 1 a 4 días de remuneración e suspensión de funcións por igual período, que non suporá a perda de antigüidade nin implicará a inmobilización na escala.
c. Funcionarios con habilitación de carácter nacional.
Ademais das anteriores, poderá imporse a sanción de destitución do cargo pola comisión de faltas graves ou moi graves. Non se lles aplicará sen embargo a estes funcionarios a suspensión de funcións por máis de 1 ano, que será substituída pola a anterior coa prohibición de obter novo destino no prazo que se fixe no máximo de 3 anos.
Artigo 28.- Prescrición.
As faltas así como as súas correspondentes sancións prescribirán: as leves, ó mes; as graves, ós 2 anos e as moi graves, ós 6 anos.
O cómputo dos ditos prazos comezará a contarse no caso das faltas a partir de que se produciron, e no caso das sancións desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución que as impuxo.