NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO VII RÉXIME RETRIBUTIVO
Artigo 20. Estructura das retribucións
De conformidade co previsto no artigo 23 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas urxentes en materia de réxime local, en canto o persoal laboral estableceranse en función da titulación de equiparación e serán as mesmas cas do persoal funcionario da súa mesma categoría e antiguidade. As retribucións serán as seguintes:
1.- Retribucións básicas:
- A. Soldo, que corresponde ó indice de proporcionalidade asignado a cada un dos grupos de titulación.
- B. Os trienios, consistentes nunha cantidade igual para cada grupo, por cada tres anos de servicios no corpo ou escala, clase ou categoría.
- C. As pagas extraordinarias, que serán duas ó ano por un importe mínimo cada unha delas dunha mensualidade de soldo e trienios, aboaranse os meses de xuño e
2.- Retribucións complementarias:
- A. Complemento de destino, correspondente ó nivel do posto que se desenvolve, sen prexuízo das previsións legais sobre grao
- B. O complemento específico, destinado a retribuí-las condicións particulares dalgúns postos de traballo en atención a súa especial dificultade técnica, dedicación, responsabilidade, incompatibilidade, perigosidade ou penosidade.
- C. Complemento de productividade, destinado a retribui-lo especial rendemento, a actividade extraordinaria e o interese ou iniciativa con que o funcionario desenvolve o seu
- D. Gratificacións por servicios extraordinarios, fóra da xornada normal, que en ningún caso poderán ser fixas na súa contía e periódica na súa percepción
3.- Os funcionarios percibirán as indemnizacións correspondentes por razón do servicio.
Artigo 21.- Réxime retributivo.
En canto ó réxime retributivo, estarase ó disposto no R.d. 861/1986, do 25 de abril, que aproba o réxime de retribucións dos empregados da Administración local.
A asignación das retribucións complementarias farase da seguinte maneira:
- A. O complemento de destino asignarao o Pleno da Corporación dentro dos niveis máximo e mínimo de cada grupo de titulación.
- B. O complemento específico, asignarao tamén o Pleno dentro dos créditos previstos para o
- C. O complemento de productividade asignarao o alcalde de acordo cos créditos e as condicións establecidas polo Pleno da Corporación en cada exercicio.
- D. As gratificacións por servicios extraordinarios, asignaraas tamén o alcalde de acordo cos créditos destinados para tal fin
Artigo 22.- Aplicación das retribucións.
Os funcionarios da Corporación manterán como mínimo as retribucións que actualmente veñen percibindo, cos incrementos legais derivados das leis de presupostos xerais do Estado de cada ano e durante toda a vixencia do acordo.
Os incrementos previstos nas leis de presupostos aplicaranse a tódolos conceptos retributivos sen excepción.
Artigo 23.- Retribucións en caso de baixa por enfermidade ou accidente.
Con carácter xeral a Corporación complementará en caso de baixa médica as prestacións do réxime xeral da Seguridade Social ata o 100% das súas retribucións fixas e periódicas.
Tamén poderá acorda-lo mantemento das retribucións que non teñan tal carácter en determinados supostos e sempre que a baixa corresponda a accidente de traballo ou enfermidade profesional.
Artigo 24.- Anticipos.
Os empregados fixos terán dereito a percibir como anticipo a cantidade de 150.000, 300.000 ou 500.000 ptas. que devolverán en doce ou vintecatro mensualidades a elección do solicitante. Deberá concedérselle no prazo máximo dun mes, sempre que exista crédito no presuposto.
Os restantes empregados poderán solicitalo só na contía mínima e devolvelo como máximo no prazo que reste para finaliza-los seus servicios . Se estes non contasen con data fixa de finalización o anticipo non poderá exceder do importe da súa nómina mensual e concederase supeditado a desconta-la parte que reste por amortizar na última mensualidade.
Fíxase un saldo vivo anual para anticipos Bpara todo o persoal do cadro- durante a vixencia do acordo de 100.000.000.- ptas.
Ademais a Corporación comprométese a incluír no presuposto un crédito aberto ata 20.000.000.- ptas/ano para necesidades familiares Bcónxuxe e fillos- extraordinarias e urxentes, debidamente xustificadas e informadas pola Comisión Xestora do Fondo de Acción Social, logo da proposta da Unidade de Persoal ó órgano municipal competente.