NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO IV XORNADA E HORARIOS
Artigo 10.- Xornada.
Mantense a xornada actualmente vixente, aprobada polo Concello.
A distribución da xornada anual de cada ano efectuarase a través do calendario laboral que aprobará a Alcaldía antes do 31 de decembro de cada ano, trala negociación cos representantes sindicais na Mesa Xeral.
A xornada semanal desenvolverase preferentemente de luns a venres e poderá modificarse a través do calendario laboral.
Para o cómputo do cumprimento da xornada semanal incluiranse os días festivos como traballados.
Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa de 20 minutos na xornada, computable como de traballo efectivo.
Terá a consideración de xornada nocturna aquela que se realice entre 22,00 e 7,00 horas e contará cun recargo de 150 ptas./hora.
Considerarase festiva a xornada realizada en sábados, domingos e festivos e no traballo a quendas, os días que corresponda o seu descaso semanal segundo cuadrante do servicio.
Ademais contará con tal consideración a xornada realizada en días de festas locais, autonómicas e estatais.
Contarán cun recargo de 375 ptas./hora.
Artigo 11.- Xornadas reducidas.
Establécense xornadas reducidas nos seguintes casos:
a. Os empregados con fillos ata nove meses de idade, contarán cunha reducción da xornada diaria de hora e media
Poderán facer uso deste dereito o pai ou nai alternativamente, e sempre que ámbolos dous traballen por conta allea. Deberán xustificar adecuadamente os períodos que utilizan cada un deles, no que o outro deberá estar en activo.
b. No verán, entre 15 de xuño e 15 de setembro, a xornada semanal reducirase nunha hora cada día.
c. Quen, por razón de garda legal, teña o seu coidado directo un menor de
6 anos, ou aún diminuído físico ou psíquico terán dereito a unha reducción da xornada de 1/3 ou 2 coa reducción proporcional de retribucións.
d. Os empregados ós que lle falten menos de 5 anos para a xubilación forzosa terán dereito a unha reducción da xornada de ata 2, con reducción proporcional das retribucións, sempre que o permitan as necesidades do servicio.
e. A mesma reducción anterior poderá ser autorizada de maneira temporal aqueles empregados que o precisen por encontrarse en procesos de recuperación por razón de
f. Os empregados que conten con complemento de equiparación ó destino
inferior ó 28, e sempre que non resulte incompatible coa natureza do posto e cos fins do centro de traballo, poderán solicita-lo recoñecemento de xornada reducida por interese particular de 9,00 a 14,00 horas, de lúns a vénres, percibindo o 75% das súas retribucións correspondentes á xornada completa. Esta reducción da xornada será incompatible con calquera outra.
g. Os empregados que asistan a cursos de formación impartidos en xornada de tarde, terán dereito a unha reducción dunha hora na súa xornada diaria Bautorízase a saída ás 14,00 horas- con cargo ás 40 horas de permiso retribuído para formación.
h. O empregado que teña que comparecer nas sete horas seguintes á finalización da súa xornada ante calquera organismo para cumprir un deber inexcusable de carácter público contará cunha reducción de xornada de 4 horas.
Artigo 12.- Horario.
Respectaranse os horarios actualmente vixentes.
No caso de que a través do calendario laboral se establezan horarios flexibles nalgún dos servicios ou colectivos, será obrigatoria sempre a permanencia entre as 9,00 e as 14,00 horas, e será sempre voluntaria.
Os horarios daqueles servicios que precisen traballar por quendas e calquera outro horario especial será negociado na correspondente mesa dentro do calendario laboral de cada ano, salvo que a necesidade se presente durante o ano e non se poida esperar ó seguinte calendario, neste caso negociarase independentemente.
Artigo 13.- Horas extraordinarias.
Consideranse como tales aqueles que excedan da xornada normal de traballo en cómputo mensual e só se autorizarán por necesidades de servicio, en caso de que as funcións deste non poidan ser realizadas dentro da xornada normal de traballo polo persoal dispoñible.
O empregado poderá compensalas con descanso no momento que o considere oportuno, salvo necesidades do servicio debidamente xustificadas. Tamén poderá solicitar que se lle acumulen como permiso para anticipa-la súa xubilación, para estes efectos establecerase o corresponde rexistro na Unidade de Persoal.
Cando en calquera servicio supoñan un número de horas en exceso superior ás que correspondan á xornada anual dun empregado, deberase crear unha nova praza das características adecuadas ás necesidades que aquel precise, salvo que se demostre que foron debidas a unha circunstancia conxuntural debidamente xustificada e que non é previsible que se repita.
Cando se trate de servicios extraordinarios fóra da xornada normal de traballo derivados do cumprimento dun deber inexcusable de carácter público do empregado ante calquera organismo xudicial ou administrativo derivado do exercicio de funcións do seu cargo, concederáselle un día a cambio.
Para estes efectos considérase deber inexcusable de carácter público a obriga que incumbe a un empregado, o incumprimento do cal xera unha responsabilidade de orde civil, penal ou administrativa, e as de carácter cívico que se determinen legalmente.
As horas extraordinaris non compensadas con descansos unha vez transcorridos catro meses desde a súa realización aboaranse por cuatrimestres naturais ó valor do importe da hora normal de traballo.
Artigo 14.- Descanso entre quendas.
Naqueles servicios nos que se realicen quendas de traballo deberán transcorrer un mínimo de 16 horas de descanso entre elas, sempre que o permitan as necesidades do servicio.