NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPITULO III MOBILIDADE DO PERSOAL
Artigo 7.- Forma de provisión de postos de traballo.
Os postos de traballo proveranse con carácter xeral de acordo coa lexislación vixente, actualmente o R.D. 364/1995, do 10 de marzo.
O sistema normal será o de concurso e o baremo integrarase polos seguintes méritos:
a. Os adecuados ás características do posto
b. A Posesión dun determinado grao persoal que se valorará en todo caso en sentido positivo, partindo do mínimo correspondente ó grupo de titulación máis baixo ó que poda adscribirse o posto.
c. A valoración do traballo desenvolto, que deberá cuantificarse segundo a natureza dos postos convocados, tendo en conta o tempo de permanencia en postos da área funcional ou sectorial a que corresponda o convocado.
d. Os cursos de formación e perfeccionamento impartidos polo INAP, EGAP,Academia Galega de Seguridade ou o Concello dentro do seu labor de formación continua do persoal, que teñan relación coas funcións do posto e que se valorarán en función da súa duración. Se se trata de convocatorias para persoal de oficios, poderán valorarse tamén os cursos impartidos por outros organismos oficiais competentes para imparti-los cursos propios de cada
e. A antigüidade, que se valorará por anos de servicio, computándose para estes efectos os recoñecidos que se prestaran con anterioridade á adquisición da condición de funcionario de
f. O coñecemento do idioma galego, segundo o curso que
g. Calquera outro esixido pola lexislación vixente ou necesario pola natureza e características do posto e que se inclúa nas
A puntuación por cada un dos ditos apartados non poderá ser superior ó 40%, nin inferior ó 10% da puntuación total do baremo.
Os empates dirimiranse en función da puntuación outorgada ós méritos enunciados, pola orde establecida; de persistir pola antigüidade na administración e, por último, pola idade.
As bases das convocatorias deberán ser negociadas coa representación sindical na correspondente mesa.
A Comisión de Valoración estará integrada por tres representantes da Corporación e tres do órgano de representación unitaria do persoal e presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue. Será secretario o da Corporación ou técnico de administración xeral que designe o alcade e participará como asesor o xefe do servicio ou técnico cualificado, ámbolos dous con voz e sen voto.
Xunto cos titulares da comisión deberán designarse os correspondentes suplentes.
Os concursos de traslados contarán cunha periodicidade anual, sempre que existan postos para ofertar.
Nas relacións de postos de traballo incluirase expresamente calquera restricción relativa ós funcionarios que poidan participar nas convocatorias de concurso por razón da Administración ou organismo ó que pertenza.
En todo caso o persoal dos organismos autónomos municipais que conten coa condición de funcionarios poderán participar nos concursos sempre que no cadro de persoal da Corporación o posto estea vacante para os efectos presupostarios, ou exista vacante para adscribir ó funcionario que ocupaba ese posto.
A Alcaldía poderá cubrir temporalmente os postos vacantes a través de comisión de servicios, redistribución de efectivos ou adscrición provisional, por motivos de urxencia debidamente xustificados, tralo informe da Xunta de Persoal e do interesado nun prazo de 3 días. Neste caso o posto deberá incluírse no primeiro concurso de traslados que se celebre.
O/A empregado/a en calquera destas situacións percibirá as retribucións básicas correspondentes ó grupo de titulación no que está incluída a súa praza e as complementarias do posto de orixe ou destino, que as teña recoñecidas en maior contía.
Artículo 8.- Promoción interna.
O procedemento de selección por esta quenda será o establecido na lexislación vixente, concretamente no Título V, do Real d. 364/1995, do 10 de marzo.
Con carácter xeral as probas realizaranse conxuntamente coas de quenda libre, agas que como consecuenca da planificación xeral dos recursos humanos o Pleno da Corporación autorice convocatorias independentes.
Salvo neste último caso as vacantes convocadas por promoción interna que se declaren desertas acumularanse ás de quenda libre.
O número de vacantes reservadas para promoción interna fixarase en cada convocatoria, en función das necesidades de persoal de novo ingreso que existan.
O sistema de acceso será o de concurso-oposición e nel poderá fixarse unha puntuación mínima para acceder á fase de oposición.
A promoción duns corpos ou escalas a outros do mesmo grupo de titulación efectuarase entre prazas ás que correspondan funcións substancialmente coincidentes ou análogas no seu contido profesional e no seu nivel técnico, que deberán xustificarse nas bases da convocatoria.
No baremo de méritos incluiranse os seguintes:
a. A antigüidade no grupo, corpo ou escala de orixe
b. Cursos de formación e perfeccionamento impartidos polo INAP, EGAP ou
Concello na súa función de formación permanente do persoal. Se se trata de cubrir vacantes de persoal de oficios valoraranse tamén os impartidos por outros organismos oficiais competentes para imparti-los relacionados co oficio da praza.
c. Titulacións académicas superiores ás esixidas para o acceso á
d. Coñecementodo idioma galego, segundo o nivel de titulación que se posúa.
e. Calquera outro esixido pola lexislación vixente ou derivado da natureza e
características das prazas e incluído nas bases, que non poderán exceder dun tercio do total.
A puntuación por cada apartado determinarase nas bases da convocatoria e non poderá ser superior ó 40% nin inferior ó 10% da total.
A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso e nos exercicios da oposición Bun mínimo de dous, un teórico e outro práctico- determinará a orde da relación de aprobados.
No caso de empate, o desempate resolverase a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persitir, o de maior antigüidade e por último, de maior idade.
O funcionario que obtivese praza por esta quenda terá preferencia para elixir destino respecto ós provenientes da quenda libre.
Os tribunais serán os mesmos que na quenda libre e estarán integrados salvo que unha disposición xeral estableza o contrario polos seguintes membros:
FUNCIONARIOS:
Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.
Secretario: funcionario con habilitación de carácter nacional ou da Corporación integrado na escala de administración xeral, subescala técnica, designado polo órgano convocante.
Vocais: un representante da Corporación, outro da Xunta de Persoal, outro da Comunidade Autónoma e o xefe do servicio correspondente á especialidade.
LABORAIS:
Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.
Secretario: o secretario xeral da Corporación ou técnico de administración xeral que designe o alcalde.
Vocais: tres representante da Corporación e tres do Comité de Empresa.
Asesor: o xefe do servicio ou técnico cualificado
Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto. Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.
Todos eles, agás o presidente, deberán contar coa titulación ou especialización igual ou superior á esixida para o acceso ás prazas convocadas.
O tribunal poderá designar un asesor cando así o esixa a especialización da materia.
As bases das convocatorias tanto por esta quenda como pola libre deberán ser negociadas na correspondente mesa antes de someterse a aprobación pola Corporación.
Para as prazas de funcionarios e laborais, integradas nos Grupos C, D e E de titulación, as probas teóricas serán preferentemente tipo test.
Artigo 9.- Selección de persoal.
O procedemento será o establecido no R.d. 896/1991, do 7 de xuño.
Con carácter xeral reservaranse en cada convocatoria específica
o número de vacantes que estableza a lexislación vixente para aspirantes que conten cunha discapacidade igual ou superior ó 33% compatible coas funcións da praza, adaptándose ós medios e tempos dos exercicios, a petición dos interesados.
A efectos de aplicación do baremo os empregados equiparanse polo Concello ós funcionarios a efectos de grao, seguindo os mesmos criterios que no caso de aqueles.
Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario e o asesor que só contarán con voz.