NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO II ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
Artigo 6.- Distribución de competencias.
Conforme á lexislación vixente a organización do traballo é facultade do Concello que a exercerá a través do órgano que a teña atribuída en cada caso.
A súa aplicación correspóndelle ó alcalde na forma estabecida no Regulamento orgánico da Corporación e sen prexuízo da xefatura directa do persoal que lle atribue o artigo 21.1.6 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e no art. 61 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.
No exercicio das súas atribucións os órganos do Concello deberán ter sempre en conta as facultades atribuidas ó Comité de Empresa, Xunta de persoal , e a Mesa de Negociación na Lei 9/1987, do 12 de xuño e o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.