NOTA: todo o impreso en letra vermella é o específico para o persoal laboral.
CAPÍTULO V VACACIONS E PERMISOS
Artigo 15.- Vacacións.
Os empregados terán dereito a gozar por cada ano completo de servicio activo dun mes, ou no seu defecto 30 días, entre os meses de xuño e setembro, ámbolos dous inclusive, de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional ó tempo de servicios prestados se é inferior ó ano. Os cadros de vacacións deberán conte-las vacacións entre xuño e setembro.
Por solicitude do empregado e se as necesidades do servicio o permiten e non se prexudica o goce das vacacións do resto do persoal do servicio, poderán disfrutarse en dous períodos de 15 días cada un, que se iniciarán os días 1 e 16 de cada mes; ou en catro perídos semanais, tres de sete días e un de nove.
O empregado que goce das súas vacacións fóra do período establecido, terá dereito a incrementalas en 3 días laborables máis.
O calendario de vacacións elaborarase anualmente tendo en conta as necesidades do servicio e, unha vez oído o Comité de Empresa, serán aprobadas polo alcalde antes do día 31 de decembro.
Procurarase a rotación no seu beneficio, sen prexuízo dos casos especiais dos empregados con fillos en idade escolar ou que estean realizando estudios.
Calquera modificación de vacacións previstas no cadro deberá ser informada favorablemente polo xefe do servicio e, en caso de que se realice a través de permuta con outro empregado, deberá contar tamén coa conformidade deste último.
No caso de que o empregado se encontrase de baixa na data que lle correspondese inicia-las súas vacacións, comezará a beneficiarse delas a partir da data na que se produza a alta, salvo que o impedisen as necesidades do servicio, co que se trasladarían a unha data posterior.
No caso de hospitalización durante o período das súas vacacións, o empregado terá dereito a que lle sexan compensados os días de internamento debidamente xustificados.
En todo caso as vacacións gozaranse dentro do ano natural e só por necesidades do servicio ou de enfermidade poderá autorizarse que parte se gocen durante o mes de xaneiro do ano seguinte.
Artigo 16.- Permisos retribuídos.
a. Concederanse permisos, trala solicitude que se entenderá autorizada se transcorren os días que en cada caso se establece no artigo 44, sen dictarse resolución, polas seguintes causas, que deberán ser xustificadas documentalmente:
1.- Por asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así como probas selectivas que se realicen dentro do termo municipal: 1 día.
Se se celebran fóra do termo municipal, poderán ampliarse polo tempo necesario e imprescindible.
2.- Para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público, polo tempo preciso.
3.- Para desenvolvemento de tarefas sindicais ou representativas: polo tempo que se estableza na normativa de aplicación.
4.- Por matrimonio: 18 días, que comezarán a contarse o primeiro día hábil seguinte a data da celebración.
5.- Por matrimonio dun familiar ata o primeiro grao de consanguineidade: o día da celebración.
6.- Por separación ou divorcio: 2 días laborais, que comezarán a contarse a partir do primeiro día hábil seguinte a que se produza.
7.- Por nacemento ou adopción dun fillo: 3 días laborais, que comezarán a contarse a partir de que naza o dereito.
8.- Por falecemento ou enfermidade grave dun familiar:
No caso de falecemento, os seguintes días a partir da data na que se produza:
- Cónxuxe ou persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.
- Fillos, pais, irmáns, xenros e noras:
- Na mesma localidade ou noutra situada nun raio inferior a 100 km: 3 días
- Se o raio é superior a 100 km: 5 días.
- Avós paternos, netos e sogros:
- Na mesma localidade ou noutra sita nun raio inferior a 100 Km: 2 días.
- Se o raio é superior a 100 Km: 3 días.
- Avós políticos:
- Na mesma localidade ou noutra sita nun raio inferior a 100 km: 1 día.
- Se o raio é superior a 100 km: 2 días.
- Tíos, sobriños e curmáns:
- Na mesma localidade ou noutra sita nun radio inferior a 100 km: polo tempo necesario para o enterramento e
- Se o raio é superior a 100 km: 1 día.
- Cuñados:
- Na mesma localidada ou noutra sita nun raio inferior a 100 km: 1 día
- Se o raio é superior a 100 km: 2 días
Enfermidade grave:
- Cónxuxe e persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.
- Fillos, pais, irmáns, xenros e noras:
- Se se produce nun raio inferior a 100 km: 3 días.
- Se se produce nun raio superior: 4 días.
- Avós paternos, netos e sogros:
- Se se produce nun raio inferior a 100 km: 2 días
- Se se produce nun raio superior: 4 días
- Cuñados: 2 días
- Avós políticos: 1 día
Para estes efectos a gravidade virá determinada polo feito de que se precise internamento hospitalario.
No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de
graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoal que convivan no domicilio do solicitante e este xustifique que non existe
no domicilio ningunha outra persoa que poida atender ó enfermo e, a súa duración será sempre de 2 días.
En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do empregado e afecten gravemente ó normal
desenvolvemento da súa vida familiar e laboral, o alcalde, tralo informe favorable da Unidade de Persoal e do órgano de representación unitaria do persoal, poderá autorizar permisos, reducción de xornada ou
xornadas especiais en tanto a situación se manteña.
9.- Por acompañamento a consulta médica a menores de 12 anos ou familiares ata primeiro grao de afinidade ou consanguineidade e que conten cunha discapacidade superior ó 33%, sempre que en ámbolos dous casos convivan no mesmo domicilio: polo tempo necesario para a consulta.
10.- Por traslado de domicilio dentro do termo municipal ou desde outro municipio: 3 días hábiles.
11.- Por maternidade: 18 semanas ininterrompidas.
O período de permiso distribuirase a opción da interesada, sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto; poderá facer uso destas o pai para o coidado do fillo por falecemento da nai. Terase dereito a este permiso aínda no caso de non supervivencia do que acaba de nacer ou cando se produza o aborto dun feto viable.
No caso de que o pai e a nai traballen por conta allea, aquela ó inicia-lo período de permiso poderá optar porque o pai se beneficie ata as últimas catro semanas daquel, salvo que no momento de facerse efectiva a incorporación ó traballo da nai exista algún risco para a súa saúde.
12.- Por adopción dun menor de nove meses: 18 semanas ininterrompidas, contadas á súa elección, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe en adopción. Se o fillo é maior de nove meses e menor de 5 anos, o permiso terá unha duración máxima de 12 semanas.
No caso de que o pai e a mai traballen por conta allea, só un deles poderá exercitar este dereito.
13.- Para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ó parto, que inexcusablemente deban realizarse dentro da xornada de traballo: polo tempo indispensable.
14.- Para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, impartidos por organismos competentes para a formación de persoal, cando se realicen fóra do Concello e o contido deste estea directamente relacionado co posto de traballo ou a carreira profesinal do empregado dentro da Corporación: ata 40 horas ó ano.
A documentación xustificativa que se achegará en cada caso será a que se estableza pola Alcaldía, a través da correspondente circular informativa.
b. Ademais existirán os seguintes permisos sen necesidade de xustificación:
- Os días 24 e 31 de decembro.
No caso de coincidir en días inhábiles para os efectos laborais, a xornada o día inmediatamente anterior hábil finalizará tres horas antes. Nos horarios especiais tamén se incluirá a dita reducción. No caso dos servicios que non poidan finaliza-la súa xornada antes da hora normal, a finalización anticipada cambiarase por unha reducción de xornada de catro horas.
Os empregados que por necesidades do servicio teñan que traballar entre as 22,00 horas do día 24 e as 15,00 horas do día 25 de decembro, e no mesmo horario os días 31 de decembro e 1 de xaneiro, aboaráselle como compensación a cantidade de 16.000.- ptas.
No caso de que o traballo se preste en quendas o horario concreto adaptarase de forma que comprenda a quenda de noite do primeiro dos días e a quenda de mañá do segundo deles.
2. Permiso por asuntos persoais: ata 9 días como máximo ó ano, ou a súa parte proporcional ó tempo que o empregado estivo en servicio activo. Non poderán acumularse ás vacacións, e deberá transcorrer un día hábil entre un e outro período de descanso.
Os festivos intercalados entre estes días rompen a continuidade, polo que non computarán para os efectos do seu beneficio.
Artigo17.- Permisos non retribuídos.
Estes permisos deberán ser solicitados e autorizados expresa ou presuntamente, tal como establece o artigo 44 antes de gozar deles, sen prexuízo da súa xustificación. Durante a súa duración o empregado permanecerá de alta no réxime xeral da Seguridade Social e computará a efectos de antigüidade, pero non a efectos de vacacións, permiso por asuntos persoais e pagas extraordinarias.
Serán os seguintes:
A. Por causa xustificada e sempre que o permitan as necesidades do servicio: 3 meses como máximo cada dous anos, en períodos mínimos de 15 días.
B. Para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional e sempre que o permitan as necesidades do servicio: 3 meses como máximo.
C. Por asuntos persoais: 6 meses cada 5 anos ou 12 meses cada 10